XEOTEC - Topografía e Xeotecnia

Sobre Nós

TOPOGRAFÍA E XEOTECNIA XEOTEC, S.L. é unha empresa fundada no ano 2001 con sede en Santiago de Compostela, cuxas actividades principais son a Topografía e Xeotecnia.

O noso principal obxectivo é satisfacer aos nosos clientes dende a confianza que sempre proporcionamos, traballando día a día para mellorar os nosos servizos e coñecementos, ofrecendo así os mellores resultados.

Dada a importancia do noso labor, contamos cun equipo de profesionais que funciona adaptándose en todo momento aos cambios e esixencias de cada proxecto grazas á formación, experiencia e afán de superación da que dispoñemos.

Pola nosa longa traxectoria profesional sabemos acometer cada tipo de traballo así como desenvolver as distintas fases dos mesmos; entendemos que a organización de cada un dos procesos incluídos nun proxecto é fundamental para cumprir os obxectivos.

Os nosos Servizos

Topografía

Proporcionamos asistencia topográfica para campo e gabinete mediante a utilización de equipos e software de última xeración, tanto para a captura de datos en campo como para o seu posterior tratamento en oficina. Realízanse, entre outros, os seguintes traballos:

  • Levantamentos Topográficos e Técnicas Xeomáticas para definir o territorio e detallar o terreo.
  • Dirección, Control e Replanteo Xeométrico de Obras e Infraestructuras.
  • Movementos de Terra e Cálculos volumétricos.
  • Deslinde de Propiedades e Arbitrios.
  • Estudo de Estabilidade, Auscultación e Control de Deformacións en Terreos e Infraestruturas.
  • Topografía Industrial.
  • Topografía con Drons UAV-RPAS.

Xeotecnia

Os estudos xeolóxico-xeotécnicos buscan o desenvolvemento de modelos xeolóxicos, xeomecánicos e xeotécnicos que permitan coñecer o comportamento dos materiais do subsolo; a metodoloxía de traballo está integrada polos estudos de campo, a prospección do terreo e os ensaios de laboratorio, proporcionando pola nosa parte os seguintes servizos:

  • Elaboración de estudos xeotécnicos para edificación e obra civil.
  • Ensaios de penetración dinámica superpesada (DPSH).
  • Toma de mostras de terreo mediante ensaios SPT e calicatas.
  • Sondeos a rotación con recuperación de testigo continuo, identificación de materiais, ensaios SPT e extracción de mostras de terreo inalteradas.
  • Caracterización de solos contaminados, toma de mostras e análises en laboratorio acreditado.

TOPOGRAFÍA E XEOTECNIA XEOTEC, S.L. Laboratorio de ensaios para o control de calidade da edificación habilitado pola Xunta de Galicia con NR: GAL-L- 064, a través da Declaración Responsable, segundo Real Decreto 410/2010 do 31 de marzo.

Catastro e Propiedade

En canto á xestión de terreos e asesoramento xurídico-técnico no ámbito da propiedade, levamos a cabo os seguintes trámites:

  • Coordinación entre Catastro e o Rexistro da Propiedade:
    • Obtención da información xeorreferenciada dos límites do inmoble, edificacións e outros elementos interiores da parcela.
    • Validación técnica da representación gráfica xeorreferenciada alternativa (RGGA).
  • Subsanación de discrepancias catastrais (Falta de concordancia entre o catastro e a realidade)
  • Modificación de escrituras (Comprobamos o estado da súa propiedade nos Rexistros Públicos e asesorámoslle para que este sexa coherente coa realidade)
  • Asesoramento e tramitación para a Inmatriculación de bens inmobles no Rexistro da Propiedade.
  • Parcelacións, agrupacións e segregacións de inmobles.
  • Excesos e defectos de cabida.
  • Legalización de construcións.
  • Divisións Horizontais de Inmobles.
  • Licenza de Apertura e Actividade.
  • Certificacións de antigüidade de edificacións.
  • Certificados de Eficiencia Enerxética.
  • Peritaxes e tasacións.

Cartografía e Hidrografía

Ofrecemos servizos para a obtención de Sistemas de información xeográfica, xeodesia, cartografía e fotogrametría entre outras, realizando:

  • Cartografía básica e temática de comarcas e municipios por sistemas fotogramétricos. 
  • Actualizacións e revisións de cartografías.
  • Transición C.A.D. a S.I.G. (Integramos os datos topográficos e a información C.A.D coa información dispoñible nas IDEE, mediante técnicas S.I.G., dando aos nosos clientes unha cartografía da máxima claridade e utilidade.)
  • Batimetrías e levantamentos de Superficies Subacuáticas.
  • Estudos de inundabilidade.

Delineación

Facilitamos os seguintes servizos de delineación para os seus proxectos, dispoñendo de profesionais, hardware e software para proporcionar o máis alto nivel profesional e garantía de calidade.

  • Delineación de planos para proxectos de Enxeñaría e outros sectores.
  • Levantamentos do estado actual de edificacións.
  • Fotogrametría terrestre para restauración e conservación de monumentos.
  • Láser Escáner 3D.

Contacta con Nós

As nosas oficinas

Av. de Lugo, 20C
15707 Santiago de Compostela

Por Email

xeotec@xeotec.es

Déixanos a túa Mensaxe